sábado, 29 de diciembre de 2007

Novidades en GTranslator

Aquí vai outra captura de pantalla:

domingo, 4 de noviembre de 2007

Característica interesante a implementar no GtkTreeView

Hoxe estiven pensando que algo que quedaría moi ben nos TreeViews de Gtk+ é o efecto que ten a lista de tarefas do panel de Gnome. Daríalle un toque bastante elegante ter este efecto. Se mal non me lembro algo así implementado teñen os de KDE no amarok. Así que non estaría de máis telo no rhythmbox.
O efecto ao que me refiero é o que aparece na captura de embaixo:

Cousas da fin de semana no gtranslator


Como podedes ver na captura xa lle metín a lista de mensaxes. Penso que quedou ben pero
falta cousas por implementar en ela.
Outra cousa interesante que lle metín é que agora soporta drag and drop. Podes arrastrar os ficheiros .po que queiras e o gtranslator abrirachos en separadores distintos.

Saúdos.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Diálogo de preferencias do gtranslator

Como podedes ver cambiei o diálogo de preferencias, penso que é máis cómodo agora ou polo menos máis bonito.
O novo diálogo de preferencias permite cambiar calquer tipo de preferencia no momento, é dicir ti se lle cambias a fonte cambiarase no momento de escoller a fonte nova, xa que como podedes ver non hai ningún botón aceptar.
Para facer isto baseeino na implementación do gedit.

Saúdos.

viernes, 7 de septiembre de 2007

Dicionario de gnome no gedit

Hoxe rematei ou eu supoño que está rematado ata que empecen a aparecer bugs... o plugin do dicionario de gnome para o gedit. Deixovos unha captura de como me quedou e mais a ligazón para poder descargalo:


Para descargalo: https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/220/dict-plugin.tar.bz2

Ou se o prefires descargar do repositorio:
svn checkout --username anonsvn https://forxa.mancomun.org/svn/dict-plugin
Contrasinal: 'anonsvn'

martes, 26 de junio de 2007

Faltan iconas no menú de Gnome

Isto é o que me pasa ata hoxe que se me deu por facer:
apt-get install --reinstall gnome-icon-theme hicolor-icon-theme

Despois de facer iso volvéronme a aparecer todas as iconas.
Saúdos.

lunes, 30 de abril de 2007

Gtranslator

Por fin acadei algo de tempo para poder escribir e como non fágoo para informar no que estou agora mesmo liado.
Pois como me apetecía aprender púxenme a portar o gtranslator a libglade que como non faise o código moito máis lexible e sinxelo. Espero poder ter o programa portado totalmente esta semana, pero co choio que me está levando non sei eu.
A ver se se lle cambia o nome que o de gtranslator, a min polo menos, non me gusta nada.
Saúdos.

miércoles, 21 de febrero de 2007

Non consegues que funcione o EPSXE?

Tes este problema?

./epsxe * Running ePSXe emulator version 1.6.0.
libstdc++-libc6.2-2.so.3: non se pode abrir un ficheiro de obxecto compartido

Pois para solucionar isto tes que instalar o paquete: libstdc++2.10-glibc2.2

Saúdos.

lunes, 12 de febrero de 2007

Problemas con Jhbuild

Ola que tal?
  • Se tendes problemas ao compilar con jhbuild o módulo cairo (jhbuild buildone cairo) de que non vos atopa a biblioteca libpng só tendes que facer para solucionalo o seguinte:
  • export PKG_CONFIG_PATH="/usr/lib/pkgconfig"
E así de fácil poderedes construir cairo.
Saúdos.

sábado, 3 de febrero de 2007

Problemas con frozen-bubble

Se tendes o seguinte problema ao arrincar frozen bubble e por suposto non arrinca:
  • Can't locate Locale/gettext.pm in @INC (@INC contains: /etc/perl /usr/local/lib/perl/5.8.8 /usr/local/share/perl/5.8.8 /usr/lib/perl5 /usr/share/perl5 /usr/lib/perl/5.8 /usr/share/perl/5.8 /usr/local/lib/site_perl .) at /usr/games/frozen-bubble line 52.
  • BEGIN failed--compilation aborted at /usr/games/frozen-bubble line 52.
O que tendes que facer é reinstalar a seguinte biblioteca: liblocale-gettext-perl

Saúdos.

jueves, 25 de enero de 2007

Solución Cifras en Prolog

Aquí deixovos o código que fixen para Cifras (o de cifras e letras) en prolog:

%Suma,Resta ou Multiplica os elementos dunha lista
%Caso base: cando chega ao último número da lista inicializa
%o resto dos valores a ese número

resultado([X],X,X).

%Resto dos casos: Como fago backtracking a operación analízase despois do
%caso base xunto coa expresión, posto que está despois da chamada recursiva.

resultado([X|L],Res,Expr):-
resultado(L,X1,Expr2),Res is X1+X,Expr = (Expr2 + X).
resultado([X|L],Res,Expr):-
resultado(L,X1,Expr2),Res is X1-X,Expr = (Expr2 - X).
resultado([X|L],Res,Expr):-
resultado(L,X1,Expr2),Res is X1*X,Expr = (Expr2 * X).


%Inicio do exercicio onde se pasa a lista cos números,
%o resultado que se quere obter e unha variable Expr
%onde se devolve a solución en forma de expresión.

cifras(L,R,Expr):-

%Permuta a lista para ter todas as posibilidades posibles
permutation(L,Z),

%Crea todas as posibles sublistas:
append(S,_,Z),

%Chamo á función resultado
resultado(S,Res,Expr),

%Fago isto para que na solución só me aparezan os
%valores iguais á variable R
R=:=Res.

Omnibook

O outro día investigando para o ordenador do meu compañeiro de piso, púxenme a trastear un pouco polo web a ver se atopaba a maneira de poñerlle a regulación de brillo no seu Toshiba M40x, atopei un módulo chamado omnibook, compileino e conseguinlle poñer a regulación do brillo. Informar que o módulo que está dentro do kernel: toshiba_acpi non funciona con BIOS phoenix.
A páxina de Omnibook é: Omnibook .
Ahí xa vos explica como tendes que facer para instalalo, o típico: make, make install, modificar o /etc/modules e explícavos tamén como tendes que facer para empregalo.
Saúdos.