jueves, 25 de diciembre de 2008

Gedit para windows

Este días estiven traballando en portar gedit a windows e agora mesmo podo dicir que é totalmente funcional, todavía faltan algunhas cousas por arranxar pero supoño que nos seguintes días estará todo. O instalador podédelo descargar de aquí.

viernes, 8 de agosto de 2008

lunes, 7 de julio de 2008

Rematado o backend das memorias

Pois iso, hoxe rematei o backend, co cal xa temos suxestións dubidosas no gtranslator. Agora falta que juanjo revise o parche para subilo ao subversion e mais falta que Pablo remate a interface.

domingo, 29 de junio de 2008

Igalia

Pois xa empecei as prácticas en Igalia esta semana. Durante as prácticas o que teño que facer é seguir desenvolvendo o GTranslator, así que está sendo e penso que serán unhas prácticas moi divertidas, ademáis de que estou aprendendo moito, que é a principal cousa pola cal empecei estas prácticas.

martes, 17 de junio de 2008

Entrevista

Estes días envioume Leonardo Fontenelle, o actual coordinador de Gnome ao Portugués unha seríe de cuestións que lle parecían interesantes, e nada, agradecerlle polo interese de facerme a min as preguntas. Así que iso, Grazas Leo.

domingo, 8 de junio de 2008

Memorias de tradución Parte 1

Bueno, isto vai indo, sen tempo non era. Xa teño o sistema das memorias de tradución funcionando. Ao final usei o mesmo sistema que os de Poedit que parece que vai moi rápido. Polo dagora só está funcionando o das coincidencias exactas pero espero que en unha ou dúas semanas teña o das coincidencias dubidosas funcionando tamén.

viernes, 30 de mayo de 2008

Xestor de proxectos rematado

Bueno quen di rematado é referíndose ao traballo principal. Xa é totalmente funcional, e agora o que lle queda por meter son cousas como as preferencias, unha barra de ferramentas, posiblemente unha barra de estados para mostrar as estatísticas dun ficheiro.... e calquer outra cousa que se me ocorra.

lunes, 19 de mayo de 2008

Xestor de proxectos do gtranslator

Parece que despois de varios días de traballo isto xa empeza a coller forma. Por suposto aínda faltan moitas cousas pero bueno, espero ter a maior parte das cousas rematadas esta semana. Iso si, o de gardar a configuración vai levar algo máis de tempo xa que non teño nin idea de como vai o xml.
Como se pode ver na captura, polo de agora estou tentando facer algo igual ao xestor do poedit. Iso si que non se preocupe ninguén que en canto teña todas as funcionalidades feitas empezarei a retocar un pouco a interface.

domingo, 11 de mayo de 2008

Páxina de benvida no Anjuta

Estes días estiven traballando na páxina de benvida do Anjuta. Penso que está quedando ben. Aínda queda por facer pero aquí deixo un adianto.

martes, 15 de abril de 2008

Plugin de mancomun en gedit

Pois ontes xa rematei o port do plugin do gtranslator para o gedit e parece que funciona bastante ben, a ver se alguén o proba e se non hai problemas lanzarei a versión estable dos dous plugins.

domingo, 6 de abril de 2008

Plugin de mancomun en gtranslator

O plugin do corpus de mancomun xa é usable, a ver se nestes días o consigo rematar.
Vou liberar unha versión beta por se a quere probar alguén.




viernes, 4 de abril de 2008

Plugin para corpus de mancomun

Finalmente fixéronme caso e os de mancomun puxeron un servizo por medio de XML-RPC para poder acceder ao seu corpus. Despois de varias horas trasteando co libsoup parece que xa teño encamiñado o plugin, así que en poucos días ou horas a saber das ganas que teña teremos un plugin para o gtranslator e ao rematar este farei o do gedit.

martes, 4 de marzo de 2008

Hoxe aparezo en mancomun

Pois si, onte rematei o port do complemento open tran do gtranslator ao gedit e como non subino na forxa de mancomun, e hoxe aparezo na páxina de mancomun.
A ligazón está aquí.

lunes, 28 de enero de 2008

GTranslator usa empotrables!!

Como podedes ver nesta captura o último que lle metín ao gtranslator son os empotrables da librería GDL.



Espero que lle guste á xente. Penso que é utilidade interesesante para este tipo de programas.
Saúdos.

domingo, 13 de enero de 2008

Sistema de complementos en gtranslator

Entre onte e máis hoxe engadinlle o sistema de complementos ao gtranslator, como podedes ver na captura de embaixo:

Por suposto como a maior parte dos programas de gnome, este sistema está collido do gedit.
Agora tócame o tedioso traballo de converter todos os "plugins" que fixera ao novo sistema de
complementos.

Una cousa que me gustaría facer cando teña tempo é o de darlle soporte a este sistema para instalación/actualización por rede dos complementos.

Saúdos.

sábado, 5 de enero de 2008

Open-tran no gtranslator

Aquí tendes unha captura de pantalla de como me quedou o plugin do
Open-tran (www.open-tran.eu) para o gtranslator.
E de paso pódese ver un pouco as novidades que ten o gtranslator.
As máis salientables son as da táboa de mensaxes.
Saúdos.