sábado, 29 de diciembre de 2007

Novidades en GTranslator

Aquí vai outra captura de pantalla:

domingo, 4 de noviembre de 2007

Característica interesante a implementar no GtkTreeView

Hoxe estiven pensando que algo que quedaría moi ben nos TreeViews de Gtk+ é o efecto que ten a lista de tarefas do panel de Gnome. Daríalle un toque bastante elegante ter este efecto. Se mal non me lembro algo así implementado teñen os de KDE no amarok. Así que non estaría de máis telo no rhythmbox.
O efecto ao que me refiero é o que aparece na captura de embaixo:

Cousas da fin de semana no gtranslator


Como podedes ver na captura xa lle metín a lista de mensaxes. Penso que quedou ben pero
falta cousas por implementar en ela.
Outra cousa interesante que lle metín é que agora soporta drag and drop. Podes arrastrar os ficheiros .po que queiras e o gtranslator abrirachos en separadores distintos.

Saúdos.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Diálogo de preferencias do gtranslator

Como podedes ver cambiei o diálogo de preferencias, penso que é máis cómodo agora ou polo menos máis bonito.
O novo diálogo de preferencias permite cambiar calquer tipo de preferencia no momento, é dicir ti se lle cambias a fonte cambiarase no momento de escoller a fonte nova, xa que como podedes ver non hai ningún botón aceptar.
Para facer isto baseeino na implementación do gedit.

Saúdos.

viernes, 7 de septiembre de 2007

Dicionario de gnome no gedit

Hoxe rematei ou eu supoño que está rematado ata que empecen a aparecer bugs... o plugin do dicionario de gnome para o gedit. Deixovos unha captura de como me quedou e mais a ligazón para poder descargalo:


Para descargalo: https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/220/dict-plugin.tar.bz2

Ou se o prefires descargar do repositorio:
svn checkout --username anonsvn https://forxa.mancomun.org/svn/dict-plugin
Contrasinal: 'anonsvn'

martes, 26 de junio de 2007

Faltan iconas no menú de Gnome

Isto é o que me pasa ata hoxe que se me deu por facer:
apt-get install --reinstall gnome-icon-theme hicolor-icon-theme

Despois de facer iso volvéronme a aparecer todas as iconas.
Saúdos.