jueves, 14 de diciembre de 2006

UltraStar Next Generation

Despois de descubrir gracias a un amigo o UltraStar para Window$, púxenme a buscar e atopei unha versión que se está a desenvolver para linux, o UltraStar Next Generation, esta versión estase a desenvolver en C++, non como a versión para window$ que estaba feita en Pascal. Como o desenvolvedor ten problemas para reproducir os mp3 coa biblioteca SDL propúxenme facer un parche para este programa para que soporte o sistema de son Gstreamer, que é o empregado por programas como por exemplo o Totem, e se teño tempo, a ver se nestas vacacións consigo facer o parche.
Saúdos.

domingo, 10 de diciembre de 2006

Aceleración con ATI en ubuntu

Esta non é unha entrada para falar do que penso de Ubuntu (Xa que eu son de Debian), porque ultimamente non é nada bo, esta entrada é para explicar por qué pode ser que non vaia a aceleración en Ubuntu/Edgy xa que os meus compañeiros de piso toleáronme a cabeza con este tema durante dous meses.
  • Pois a razón é moi sinxela. Aínda que cando eu me puxen a investigar neste tema non viña explicado en ningures. Só hai que desactivar a extensión das x de composite:
  • Isto faise editando o ficheiro /etc/X11/xorg.conf e poñendo ao final do ficheiro o seguinte:
Section "Extensions"
Option "Composite" "disable"
EndSection

  • Eu pregúntome se algún día os de ATI farán un driver decente para linux, porque da un pouco de noxo o que hai.
Saúdos.

jueves, 7 de diciembre de 2006

Por qué comecei a traducir software libre?

Como coordinador e principal tradutor de Gnome vou dar as razóns polas que comecei a traducir software libre:
  • A primeira e sen dúbida a que me deu anímos a comezar a traducir e como ben debedes de supoñer, ter un sistema operativo en Galego (neste caso un escritorio, o de sistema operativo todavía está en proceso).
  • Outra razón era o poñerme a repasar a gramática galega e máis a inglesa, que a verdade é que aprendín moito inglés traducindo, xa que cando comecei moito non é que soubese de inglés, agora xa non me baseo tanto nesas traducións pero cando teño dúbidas pois non me queda máis remedio.

Por outro lado:
Por qué non deberíades de poñervos como coordinadores dun proxecto de tradución?
  • Primeiro: O tempo que leva traducir programas e subilos ao servidor de cvs/subversion ou no seu defecto enviarllos aos desenvolvedores, é moitísimo.
  • Segundo: Unha vez traducido un programa a lavor non remata ahí, tes que estar actualizándoo practicamente tódolos días, o que acaba por desmoralizar a calquer tradutor de software.
  • Terceiro: En todo o tempo que estiven traducindo NINGUÉN me mandou un informe de erros con respecto á miña tradución, e non será porque non tiña erros, xa que este verán púxenme a buscar erros nas miñas traducións e atopei uns cantos, o que me da a pensar, que ninguén emprega a miña tradución, que lles da vergonza, ou que sinxelamente pasa do tema.

Eu sigo traducindo, coma sempre, agora menos ca antes xa que estou moito máis ocupado pero de vez en cando traduzo algún programa novo. E xa que agora o CESGA optou por contratar a unha empresa (tagen ata) para corrixir a tradución que fixen do Gnome, pois menos traballo para min, aínda que xa me tocará, ata que un día me canse e mande todo ao carallo claro.

Saúdos a todos, e ánimo e grazas a todos eses tradutores que deixan gran parte do seu tempo traducindo software libre.

martes, 5 de diciembre de 2006

E por qué non?

Este é o nome do meu blog. E por qué non? Despois de moito tempo decidinme a facer un blog, eu son un pouco vago para este tipo de cousas pero tentarei telo actualizado. Pois nel quero poñer cousas interesantes que me pasen, críticas (como non) , cousas de interés, cousas divertidas.... e por suposto en Galego, a miña lingua.
Saúdos a todos.