domingo, 10 de diciembre de 2006

Aceleración con ATI en ubuntu

Esta non é unha entrada para falar do que penso de Ubuntu (Xa que eu son de Debian), porque ultimamente non é nada bo, esta entrada é para explicar por qué pode ser que non vaia a aceleración en Ubuntu/Edgy xa que os meus compañeiros de piso toleáronme a cabeza con este tema durante dous meses.
  • Pois a razón é moi sinxela. Aínda que cando eu me puxen a investigar neste tema non viña explicado en ningures. Só hai que desactivar a extensión das x de composite:
  • Isto faise editando o ficheiro /etc/X11/xorg.conf e poñendo ao final do ficheiro o seguinte:
Section "Extensions"
Option "Composite" "disable"
EndSection

  • Eu pregúntome se algún día os de ATI farán un driver decente para linux, porque da un pouco de noxo o que hai.
Saúdos.

No hay comentarios: