jueves, 7 de diciembre de 2006

Por qué comecei a traducir software libre?

Como coordinador e principal tradutor de Gnome vou dar as razóns polas que comecei a traducir software libre:
  • A primeira e sen dúbida a que me deu anímos a comezar a traducir e como ben debedes de supoñer, ter un sistema operativo en Galego (neste caso un escritorio, o de sistema operativo todavía está en proceso).
  • Outra razón era o poñerme a repasar a gramática galega e máis a inglesa, que a verdade é que aprendín moito inglés traducindo, xa que cando comecei moito non é que soubese de inglés, agora xa non me baseo tanto nesas traducións pero cando teño dúbidas pois non me queda máis remedio.

Por outro lado:
Por qué non deberíades de poñervos como coordinadores dun proxecto de tradución?
  • Primeiro: O tempo que leva traducir programas e subilos ao servidor de cvs/subversion ou no seu defecto enviarllos aos desenvolvedores, é moitísimo.
  • Segundo: Unha vez traducido un programa a lavor non remata ahí, tes que estar actualizándoo practicamente tódolos días, o que acaba por desmoralizar a calquer tradutor de software.
  • Terceiro: En todo o tempo que estiven traducindo NINGUÉN me mandou un informe de erros con respecto á miña tradución, e non será porque non tiña erros, xa que este verán púxenme a buscar erros nas miñas traducións e atopei uns cantos, o que me da a pensar, que ninguén emprega a miña tradución, que lles da vergonza, ou que sinxelamente pasa do tema.

Eu sigo traducindo, coma sempre, agora menos ca antes xa que estou moito máis ocupado pero de vez en cando traduzo algún programa novo. E xa que agora o CESGA optou por contratar a unha empresa (tagen ata) para corrixir a tradución que fixen do Gnome, pois menos traballo para min, aínda que xa me tocará, ata que un día me canse e mande todo ao carallo claro.

Saúdos a todos, e ánimo e grazas a todos eses tradutores que deixan gran parte do seu tempo traducindo software libre.

1 comentario:

Zarovich dijo...

A verdade é que a labor que estas realizando coa traducción de GNOME ó galego, é digna de mencionar y de gran calidade ;). Segue así. Por certo benvido a blogsfera. :P